A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño é o relato da carismáticaprocura dunha poética teatral propia. O libro traduce en termosdivulgativos unha complexa aventura artística seguindo o rastro duncreador xenial que ilumina os vinte e cinco anos finais do segundomilenio. Neste alambique destílase un insólito fenómeno culturalcolectivo, metonimia da vitalidade dun ambiente social ben próximoaínda que xa admite unha visión histórica. O volume iníciasereivindicando o valor do autor e reconstruíndo a súa carreira paralogo catalogar e clasificar as súas obras, avanzando unha lecturatemática dos proxectos en que empeñou a vida. A proposta remataesgotando a análise dun proxecto, a primeira superprodución plenamente galega, Agasallo de sombras. Deste modo supérase o perfil externo epenétrase no obradoiro creativo do autor mediante a reconstruciónvirtual dos procesos de creación e explotación escénica e a análisedos textos desde dous focos complementarios, o dramatolóxico e oteórico-crítico.
Tämän tuotteen tilaamme kustantajalta tai tukkurilta varastoomme. Saatavuusarvio on tuotekohtainen. Lähetämme toimitusvahvistuksen heti, kun tuote on toimitettu varastoltamme rahdinkuljettajalle. Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 3-4 viikossa