Xesús Alonso Montero, que naceu en Vigo, tomou primeiro contactopragmático e afectivo coa lingua galega, ós nove anos, en Ventosela do Ribeiro, onde pasou a residir por traslado da familia. En Vigo, máiscativo aínda, xa puidera observar, con entendemento infantil, peroentendemento, á fin, o xúbilo do triunfo da Fronte Popular e aatrocidade que significou o estalido da Guerra Civil. En Ribadavia, no colexio Academus, mediante D. Bernardino Graña Refojos, tivo aocasión de se entusismar coa palabra, coas palabras organizadas entextos e coa plabra como obxecto de estudo, circunstancia quedeterminou que elixise para os seus estudos universitarios a carreirade Filoloxía Románica. Non tardou o profesor Alonso Montero en sentirdevoción pola obra de Antonio Machado, sobre todo pola parte destaobra que ten que ver co compromiso social, co socialismo e corepublicanismo. En 1962, cando ingresa no Partido Comunista, xa seatopara con textos marxistas, coa figura de Marx, aquel humanista óque considera primeiro intelectual contemporaneo coa condición desabio e xusto lector do texto que ofrece o mundo no que vivimos. Conestes vimbios e con outros semellantes, que sería prolixo citar nestabreve contraportada, constrúese a personalidade intelectual e civil de Xesús Alonso Montero (Palabras e compromiso), da que se dá cumpridainformación nas páxinas deste libro.