OQO Editora Sivumäärä: 48 sivua Asu: Pehmeäkantinen kirja Kieli: glg
Pequerrecho era un lugar tan pequeniño, que a xente alí sempe facía dous traballos a un tempo. Un día, a carteira malabarista e o pasteleiro astrónomo marcharon xuntos, e os oficios que sempre foran sinxelos empezaron a complicarse.Pequerrecho é un canto ao divertimento e unha reclamación sen complexos de situaciónsabsurdas e disparatadas que poderían xurdir na vida real -e quizais haberá quen as teña vivido-. Esta entretida e provocadora historia ofrécenos, ao longo das súas páxinas, unha relación de disparidade entre a palabra e a imaxe, que coloca o lector ante situacións inverosímiles eprovoca unha dúbida final, que terá que ser resolta confrontando ficción e realidade.Ante esta orixinal proposta, aparentemente lúdica e sinxela, o lector terá que tirar as súas propias conclusións tras unha coidadosa reflexión e segundo os seus criterios particulares, quizás co sentido común dun adulto ou coa inocencia dun lector en formación.
Hankintapalvelu Tuotteella on huono saatavuus ja tuote toimitetaan hankintapalvelumme kautta. Tilaamalla tämän tuotteen hyväksyt palvelun aloittamisen. Seuraa saatavuutta.