|
|

avaa valikko

Papiroflexia iniciación
17,40 €
BAIA
Sivumäärä: 60 sivua
Painos: 1
Julkaisuvuosi: 2009 (lisätietoa(avautuu ponnahdusikkunassa))
Tuotesarja: SIN COLECCION
A papiroflexia é a arte e, polo mesmo, a creación de figuras cunharecoñecible significación, mediante a pregadura -preferentemente fixa- dunha folla de papel. Esta arte inspira as súas normas en Occidente,na idea de creación do nada. Non podemos crear -evidentemente- donada, pero si de case nada.



Partimos da forma plana, por ser a máis parecida ao nada no mundo dasformas, do papel, por ser algo accesible a todas e todos e de escasovalor, da súa forma cadrada preferentemente, por ser a máis simple.Servímonos só das mans para evitar o uso de instrumentos, agás encasos moi especiais. Consideramos o uso das mans como o recurso mínimo necesario.



Partindo dun mínimo de recursos, tratamos de inventar as formas máisambiciosas: figuras con movemento, con gran realismo, con incriblecomplicación e perfección etc. Ao estar feitas preferentementemediante pregaduras fixas, podemos reter os seus procesos na memoria,ou tomalos como referencias para superalos ou perfeccionalos. Destaforma podemos dicir que a arte "avanza" obxectivamente.



O proceso de pregadura de cada figura móstrase mediante unha sucesiónde debuxos paso a paso, os símbolos admitidos internacionalmente enpapiroflexia e un texto, claro e concreto, acompañando os debuxos encada paso. Esta exposición gráfica constitúe un idioma internacionalque todas e todos podemos entender facilmente.



A papiroflexia ofrece a posibilidade de gozar da imaxinación creadora, e tamén a de reproducir e contemplar figuras que foron inventadas por outras persoas. E isto no medio de moi variados lugares oucircunstancias: no tren, na montaña, nunha sobremesa etc. Permite asímesmo a posibilidade de regalar obxectos normalmente de pouco custo, a quen poden aprecialos como obras do enxeño e da habilidade.



En Oriente, xa desde antigo, fascinaba a contemplación dunha folla depapel coa súa perfección, e aplicaban a imaxinación e a habilidadepara engadirlle novo encanto. Na actualidade, chegamos practicamente a unha arte común a todos.



O principiante precisará saber como obter un papel cadrado a partirdoutras formas. Ou o de formas xeométricas regulares. Ou de diferentes proporcións, para o que poderá necesitar de regra, escuadras,tesoira, círculo ou semicírculo graduado... Aquí empezaremos mostrando o máis necesario.



Precisará tamén observar como se prega ben ou mal unha folla, parapoder así depurar a súa propia forma de pregar.



Dentro do libro veremos 28 modelos de figuras ordenados polo seu graode dificultade, moi aptas para o principiante.

LISÄÄ OSTOSKORIIN
Tuotetta lisätty
ostoskoriin kpl
Siirry koriin
Tilaustuote(avautuu ponnahdusikkunassa)
Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa | 🎄 Tämä tuote ehtii jouluksi, kun teet tilauksen viimeistään 30.11.2025
Myymäläsaatavuus
Helsinki
Tapiola
Turku
Tampere
Papiroflexia iniciaciónSuurenna kuva
Näytä kaikki tuotetiedot
ISBN:
9788492630080