Vantaxes e inconvenientes de case todo
Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas eperplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un poucode acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes decase todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres,de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel daescritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz.Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar quecase nada pasou como nolo contaron.O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo dahistoria, e está sempre disposto a renovarse, alimentado polacuriosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máispequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, comodemostra este libro, tamén pode ser divertido.
Tilaustuote Arvioimme, että tuote lähetetään meiltä noin 2-3 viikossa